Sunday 28 de April de 2024

Cariño celebrará este sábado o Magosto e o Samaín na Casa do Concello e no Campín


• O Concello organizará unha degustación de castañas, un taller de caretas e xogos populares.

• Tamén está convocado un concurso de cabazas para nenas e nenos de Educación Infantil ata ESO.

O Concello de Cariño celebrará este sábado, 30 de outubro, o Magosto e o Samaín na Casa do Concello e no Campín, citas para as cales organizará unha degustación de castañas, un taller de caretas e xogos populares.

A entrada é gratis e haberá que respectar, en todo caso, a normativa vixente para evitar contagios pola COVID-19. Tamén se convocou un concurso de cabazas para nenas e nenos entre Educación Infantil e Educación Secundaria Obrigatoria. Poden realizarse as inscricións ata as 17:30 horas do mesmo sábado na seguinte dirección web: https:// bit. ly/3 mifKj8.

As cabazas non poderán conter símbolos identificativos da súa autoría e os datos da persoa participante irá en sobre pechado, anotándose soamente no seu exterior o curso do ou da participante.